A Xanela Diaria: Martes 29 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos nubes e claros no norte e ceos máis abertos canto máis ao sur nos atopemos. Hai risco dalgún chuvasco moi feble no norte de #Coruña e #Lugo pola mañá. 📈 As temperaturas iranse recuperando pouco a pouco e no sur e Rías Baixas xa se superarán os… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 29 de Xuño

A Xanela Diaria: Luns 21 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada marcada polos chuvascos intermitentes e o vento do noroeste. Estaremos influenciados aínda pola borrasca que nos afectou hoxe, polo que o ambiente continuará inestable. 📈 Aínda así, as temperaturas van ir recuperando paseniñamente e xa haberá lugares do sur e oeste de #Galicia que superen… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 21 de Xuño

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 12 E 13 DE XUÑO

SÁBADO: Quedamos baixo a influencia dunha bolsa de aire frío en altura que, xunto coa calor acumulada, favorecerá a formación de nubes de treboada. Pola tarde daranse chaparróns treboentos no interior que seguramente cheguen tamén ao litoral sur das Rías Baixas.Pero é moi complicado pronosticar onde vai caer exactamente un chaparrón. Ascenso térmico moi marcado… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 12 E 13 DE XUÑO

A Xanela Diaria: Venres 11 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos nubes baixas no litoral norte, sol no resto pero con nubes de evolución no interior sur pola tarde, con algunha treboada na montaña e sur de OU. 📈 Ascenso térmico importante no Baixo Miño. Sen cambios no resto de Galicia. Segue a calor no sur e o… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 11 de Xuño

A Xanela Diaria: Xoves 10 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e, de novo, xornada de moito sol, con algunha nube no litoral norte de tipo baixo, pero menos ca estes días pasados. Pola tarde, aparecerán nubes de evolución no interior. 📈 As temperaturas seguen a subir e xa superarán os 34ºC de máxima no val do Miño de #Ourense.… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 10 de Xuño

A Xanela Diaria: Martes 8 de Xuño

👉 Miramos cara un Martes calcado ao Luns. Moito sol en case toda #Galicia, agás na costa norte de #Coruña e #Lugo onde teremos algunhas nubes de tipo baixo. 📉 As temperaturas baixan un chisco no centro e norte, mentras que no sur seguirán sen cambios, polo que teremos unha nova xornada de calor, pero… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 8 de Xuño

A Xanela Diaria: Luns 7 de Xuño

👉 Comezaremos unha nova semana cun tempo practicamente calcado ao do Domingo. Moito sol no centro e sur de #Galicia pero con algunhas nubes, acumuladas polo nordés, na Mariña e tamén en Bergantiños. 📈 As temperaturas seguen o seu ascenso. Máis de 30ºC no Miño de #Ourense e sur de #Lugo. As brisas aparecerán nas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 7 de Xuño

A Xanela Diaria: Mércores 2 de Xuño

👉 Mércores de moitas nubes coa entrada dunha fronte dende pola mañá polo oeste Galego que, co paso das horas, irá chegando ao interior, iso si, máis desgastada. Chuvias localmente moderadas pero non agardedes gran cousa. 📉 O que si é certo é que os termómetros van seguir baixando e aos 20ºC de temperatura máxima… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 2 de Xuño

A Xanela Diaria: Martes 1 de Xuño

👉 Boa noite! Abrimos de par en par a #XanelaDiaria e miramos directamente cara o primeiro día do mes de Xuño, cando se da por comezado o Verán meteorolóxico. Desta volta, teremos que falar dun Martes con máis nubes no ceo, especialmente no litoral, con brétemas rondando. Pola tarde, medrarán nubes de evolución no leste… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 1 de Xuño