? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada xa de anticiclón. Volve o vento do nordés, que soprará moderado e que acumulará nubes no litoral norte e especialmente, coma sempre, na Mariña onde teremos algúns chuvascos. Canto máis ao sur, ceos máis abertos con tránsito de nubes altas sen importancia. ? As temperaturas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 23 de Xuño
Etiqueta: redemeteo
A Xanela Diaria: Luns 7 de Xuño
? Comezaremos unha nova semana cun tempo practicamente calcado ao do Domingo. Moito sol no centro e sur de #Galicia pero con algunhas nubes, acumuladas polo nordés, na Mariña e tamén en Bergantiños. ? As temperaturas seguen o seu ascenso. Máis de 30ºC no Miño de #Ourense e sur de #Lugo. As brisas aparecerán nas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 7 de Xuño
PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 5-6 de Xuño
? PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA (vaivos gustar) ☀ SÁBADO: Moito sol en toda #Galicia. A única excepción será a entrada dalgunhas nubes baixas a partir da última hora da tarde pola Mariña e tamén por Bergantiños, froito do aporte húmido que fai o nordés nesas zonas. Pero o 95% do día será despexado.… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 5-6 de Xuño
A Xanela Diaria: Luns 31 de Maio
Abrimos a #XanelaDiaria e imos cara un Luns que comezará con moito sol en todo o interior Galego pero, na costa, especialmente no litoral das Rías Baixas, xa comezarán a rondar as néboas costeiras. Pola tarde, no interior de #Lugo e #Ourense, medrarán nubes de evolución que descargarán chuvascos treboentos. Ascenso térmico en toda Galicia,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 31 de Maio
A Xanela Diaria: Mércores 12 de Maio
? Entre fronte e fronte, por diante un Mércores marcado polo vento de compoñente oeste e polos chuvascos intermitentes, probables en calquera punto e localmente moderados. ? As temperaturas vanse recuperando pouco a pouco, pero os valores seguen sendo baixos para a época do ano. Tede bo día! 🙂
A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio
? Comezaremos semana cun Luns de chuvascos intermitentes, por veces intensos e máis frecuentes na marxe Atlántica. Poderán vir con saraiba e tamén con algunha treboada puntual. O vento soprará moderado de compoñente oeste. ? As temperaturas seguen baixando, os valores serán baixos para a época do ano e teremos que falar de sensación de… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio
A Xanela Diaria: Domingo 9 de Maio
? Domingo de chaparróns intermitentes, serán máis frecuentes e intensos na marxe Atlántica. Non choverá seguido, pero por veces caerá con forza, con saraiba e con algunha treboada. Vento moderado do suroeste, con refachos fortes. ?DESCENSO TÉRMICO moi marcado, moita diferenza respecto aos valores do Sábado, ambiente frío. Tede un bo final de semana! 🙂
A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio
? Por diante un Venres de ceo moi aberto no norte e interior Galego, mentras que na marxe Atlántica pola mañá, mesmo teremos algunhas chuvias febles, moi pouca cousa. Co avance do día, as nubes iranse retirando e quedarán moi pegadas á costa, xa sen chuvias. ? As temperaturas van ir subindo pouco a pouco,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio
A Xanela Diaria: Mércores 5 de Maio
? Por diante un Mércores de máis nubes e con algunhas chuvias febles no extremo norte, pouca cousa en todo caso. O risco de chuvias será menor no interior sur. ? As temperaturas seguen sen grandes variacións. Tede unha estupenda xornada! 🙂
A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio
? Martes no que comeza a cambiar o conto. Os ventos do oeste van collendo protagonismo, polo tanto, a humidade será maior. O ceo alternarase con nubes e claros, nubes que irán a máis a partir de media tarde dende o norte Galego onde xa teremos algunha chuvia feble. ? As temperaturas seguen sen grandes… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio