PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 5-6 de Xuño

? PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA (vaivos gustar)

SÁBADO: Moito sol en toda #Galicia. A única excepción será a entrada dalgunhas nubes baixas a partir da última hora da tarde pola Mariña e tamén por Bergantiños, froito do aporte húmido que fai o nordés nesas zonas. Pero o 95% do día será despexado. As temperaturas máximas van subindo e nas Rías Baixas xa se superarán os 25-26ºC, e no val do Miño de #Ourense os 30ºC xa se van ir rondando. Os valores serán máis suaves canto máis ao norte nos atopemos.

DOMINGO: Nova xornada de sol, con, de novo, a excepción da entrada dalgunhas nubes baixas pola Mariña e norte de #Coruña debido ao nordés. Pola tarde tamén medrará algunha nube de evolución no interior, sen importancia. Temperaturas máximas por riba dos 30ºC no Miño de #Ourense. Rondando este valor tamén noutras zonas do interior. Por riba dos 26ºC nas Rías Baixas e no seu prelitoral. Valores máis frescos no norte, en Bergantiños e Xistral non chegarán a 20ºC.

Boa fin de semana!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*