? PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA (vaivos gustar) ☀ SÁBADO: Moito sol en toda #Galicia. A única excepción será a entrada dalgunhas nubes baixas a partir da última hora da tarde pola Mariña e tamén por Bergantiños, froito do aporte húmido que fai o nordés nesas zonas. Pero o 95% do día será despexado.… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 5-6 de Xuño
Etiqueta: otempo
A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio
? Comezaremos semana cun Luns de chuvascos intermitentes, por veces intensos e máis frecuentes na marxe Atlántica. Poderán vir con saraiba e tamén con algunha treboada puntual. O vento soprará moderado de compoñente oeste. ? As temperaturas seguen baixando, os valores serán baixos para a época do ano e teremos que falar de sensación de… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio
A Xanela Diaria: Venres 16 de Abril
? Un Venres plenamente anticiclónico, no que a circulación do nordés, unha xornada máis, vai ser a protagonista. Vento que zoará con intensidade na costa da Morte especialmente pero que, desta volta, non acumulará nubes na Mariña. Polo tanto, moito sol pero con entrada dalgunha nube de tipo alto sen maior importancia. ? Baixan as… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 16 de Abril
A Xanela Diaria: Martes 13 de Abril
? Por diante un Martes de moitas nubes, e mesmo tamén con chuvascos no centro e sur de Galicia, debido á chegada dunha pequena bolsiña de aire frío en altura, que incrementará a inestabilidade. Estas precipitacións caerán de xeito intermitente e con intensidade puntualmente moderada. No norte de Coruña e de Lugo, non se agardan… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 13 de Abril
A Xanela Diaria: Luns 12 de Abril
? Comezamos semana con presenza de nubes medias e altas no ceo, que arestora son escasas pero irán a máis co avance do día, sen deixar precipitacións en ningún punto. O nordés vai ir calmando agás na costa da morte onde zoará con intensidade. Ademais, xa non teremos nubes baixas na Mariña. ? As temperaturas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 12 de Abril