A Xanela Diaria: Venres 23 de Abril

👉 Comezamos a notar os efectos da borrasca que se achega polo Atántico. As nubes van ir a máis conforme vaian pasando as horas e chegarán chuvascos, que serán máis intensos e probables a últimas horas no sur e oeste Galego cando, non se desbota que veñan acompañados dalgunhas treboadas. 📈 Debido ao vento do… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 23 de Abril

A Xanela Diaria: Luns 19 de Abril

🌦 Comezamos semana con vento do suroeste, moi frouxo, que aportará humidade Atlántica. Isto traducirase en maior presenza de nubes, con posibilidade de chuvascos, que poden caer en calquer punto de Galicia, aínda que son máis probables no interior e na segunda metade do día. Aínda así, non se agarda moita cantidade de precipitación, serán… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 19 de Abril

A Xanela Diaria: Sábado 17 de Abril

☀ Volvemos repetir unha xornada de moito sol en toda Galicia. Tan só teremos que agardar a chegada dalgunha nube de tipo alto, sen maior función ca simple decorativa. Segue zoando forte o nordés na costa norte. 📉 As temperaturas máximas baixarán un chisco en Ourense e Pontevedra, nada, moi pouco, case case nin se… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 17 de Abril

A Xanela Diaria: Venres 16 de Abril

👉 Un Venres plenamente anticiclónico, no que a circulación do nordés, unha xornada máis, vai ser a protagonista. Vento que zoará con intensidade na costa da Morte especialmente pero que, desta volta, non acumulará nubes na Mariña. Polo tanto, moito sol pero con entrada dalgunha nube de tipo alto sen maior importancia. 📉 Baixan as… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 16 de Abril

A Xanela Diaria: Xoves 15 de Abril

🌞 Por diante un Xoves de moito sol en toda Galicia. Como moito, o nordés, que seguirá zoando con forza en toda a costa norte, acumulará algunha nube, escasa en todo caso, na serra do Xistral. Pola tarde, medrarán nubes de evolución no interior sur sen importancia, non se agardan chaparróns. 📉 En canto ás… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 15 de Abril

A Xanela Diaria: Mércores 14 de Abril

👉 Tralas chuvias do Martes, que caeron con intensidade moderada en boa parte de Galicia, temos por diante un Mércores moi tranquilo. Tan só hai que agardar o tránsito de nubes altas, sen maior importancia. No Xistral e na Mariña acumularase algunha nube de tipo baixo, debido ao forte nordés que zoará en toda a… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 14 de Abril

A Xanela Diaria: Martes 13 de Abril

👉 Por diante un Martes de moitas nubes, e mesmo tamén con chuvascos no centro e sur de Galicia, debido á chegada dunha pequena bolsiña de aire frío en altura, que incrementará a inestabilidade. Estas precipitacións caerán de xeito intermitente e con intensidade puntualmente moderada. No norte de Coruña e de Lugo, non se agardan… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 13 de Abril

A Xanela Diaria: Domingo 11 de Abril

👉 Domingo no que o vento vira a nordés, o cal soprará con intensidade moderada en toda Galicia ao longo da xornada, por veces vaino facer con forza. Con esta circulación, agárdanse chuvascos no extremo norte que mesmo poderían adentrarse, de xeito moi puntual, cara terras do interior de Coruña, Lugo e mesmo tamén no… Seguir lendo A Xanela Diaria: Domingo 11 de Abril