A Xanela Diaria: Venres 16 de Abril

a xanela

? Un Venres plenamente anticiclónico, no que a circulación do nordés, unha xornada máis, vai ser a protagonista. Vento que zoará con intensidade na costa da Morte especialmente pero que, desta volta, non acumulará nubes na Mariña. Polo tanto, moito sol pero con entrada dalgunha nube de tipo alto sen maior importancia.

? Baixan as temperaturas un chisquiño máis, restaremos 1ºC ás máximas rexistradas o Xoves polo que, no sur e Rías Baixas, o ambiente seguirá sendo moi agradable. Pola contra, na costa norte, Mariña e Xistral, teremos que falar de frío, que se verá acentuado polo forte nordés.

Tede un bo Venres e un estupendo comezo da fin de semana ☺

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*