A Xanela Diaria: Luns 19 de Abril

a xanela

🌦 Comezamos semana con vento do suroeste, moi frouxo, que aportará humidade Atlántica. Isto traducirase en maior presenza de nubes, con posibilidade de chuvascos, que poden caer en calquer punto de Galicia, aínda que son máis probables no interior e na segunda metade do día. Aínda así, non se agarda moita cantidade de precipitación, serán moi espallados.

📉 En canto ás temperaturas, chega unha masa de aire máis frío que fará descender os termómetros a valores máis frescos ca os que tivemos en xornadas pasadas. As temperaturas máximas estarán máis contidas, tras unha madrugada que, debido á presenza de nubes, non será tan fría.

Tede un bo comezo de semana! 🙂

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*