A Xanela Diaria: Luns 19 de Abril

🌦 Comezamos semana con vento do suroeste, moi frouxo, que aportará humidade Atlántica. Isto traducirase en maior presenza de nubes, con posibilidade de chuvascos, que poden caer en calquer punto de Galicia, aínda que son máis probables no interior e na segunda metade do día. Aínda así, non se agarda moita cantidade de precipitación, serán… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 19 de Abril

A Xanela Diaria: Domingo 18 de Abril

⛅ Domingo no que xa comezamos a notar algúns cambios. O nordés vai ir calmando, aínda que no litoral da Mariña seguirá con refachos moderados. Na costa que vai dende Cariño ata A Guarda, o vento será máis frouxo e de compoñente suroeste. Irán entrando nubes medias e altas ao longo da xornada que desta… Seguir lendo A Xanela Diaria: Domingo 18 de Abril

A Xanela Diaria: Mércores 14 de Abril

👉 Tralas chuvias do Martes, que caeron con intensidade moderada en boa parte de Galicia, temos por diante un Mércores moi tranquilo. Tan só hai que agardar o tránsito de nubes altas, sen maior importancia. No Xistral e na Mariña acumularase algunha nube de tipo baixo, debido ao forte nordés que zoará en toda a… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 14 de Abril