A Xanela Diaria: Mércores 14 de Abril

A Xanela

? Tralas chuvias do Martes, que caeron con intensidade moderada en boa parte de Galicia, temos por diante un Mércores moi tranquilo. Tan só hai que agardar o tránsito de nubes altas, sen maior importancia. No Xistral e na Mariña acumularase algunha nube de tipo baixo, debido ao forte nordés que zoará en toda a costa norte de Coruña e de Lugo. No sur, o ambiente será máis tranquilo e o vento será frouxo, incluíndo o litoral das Rías Baixas. Iso si, hai risco dalgún chaparrón puntual, pola tarde, nas serras do interior de Pontevedra e Ourense.

? As temperaturas volven subir ata valores que superarán os 20ºC de temperatura máxima no centro e sur de Galicia. No litoral norte, o ambiente será máis desapracible e fresco debido ao vento.

Tede bo Mércores! 🙂

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*