A Xanela Diaria: Domingo 18 de Abril

⛅ Domingo no que xa comezamos a notar algúns cambios. O nordés vai ir calmando, aínda que no litoral da Mariña seguirá con refachos moderados. Na costa que vai dende Cariño ata A Guarda, o vento será máis frouxo e de compoñente suroeste. Irán entrando nubes medias e altas ao longo da xornada que desta volta xa cubrirán moito o ceo. Avisan de que o tempo está mudando, pero non descargarán chuvias.

📈 Ascenso térmico, que será máis notorio na Mariña onde veñen de moitos días con temperaturas mais ben frías debido ao forte nordés que tiveron por alí, ambiente máis suave e temperado que seguirá manténdose no sur e nas Rías Baixas.

Tede bo remate de semana 🙂

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*