A Xanela Diaria: Domingo 11 de Abril

👉 Domingo no que o vento vira a nordés, o cal soprará con intensidade moderada en toda Galicia ao longo da xornada, por veces vaino facer con forza. Con esta circulación, agárdanse chuvascos no extremo norte que mesmo poderían adentrarse, de xeito moi puntual, cara terras do interior de Coruña, Lugo e mesmo tamén no Deza. A mellor zona, o sur de Pontevedra, onde o nordés limpa de nubes o ceo.

📉 DESCENSO TÉRMICO: Baixan as temperaturas, e, ademais, o nordés axudará a agudizar a sensación de frío. Será o sur de Pontevedra (A Guarda, o Rosal, Tui..) a zona na que as temperaturas sigan rondando os 18ºC, máis ou menos.

Tede bo Domingo!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*