? Comezamos semana con presenza de nubes medias e altas no ceo, que arestora son escasas pero irán a máis co avance do día, sen deixar precipitacións en ningún punto. O nordés vai ir calmando agás na costa da morte onde zoará con intensidade. Ademais, xa non teremos nubes baixas na Mariña.
? As temperaturas máximas subirán, e acadaranse valores por riba dos 18ºC no sur e nas Rías Baixas, tras unha madrugada que foi fría.
Pasade bo Luns e tede bo comezo de semana! 🙂