Prognóstico para a fin de semana: 18 e 19 de Setembro

🌤 SÁBADO: Algúns chuvascos presentes no norte e centro de #Galicia especialmente, pero con tendencia a remitir. No sur non se agardan precipitacións. O vento soprará do noroeste frouxo en xeral, agás na Mariña onde haberá refachos moderados. Polo demais, as temperaturas baixarán aínda un chisco máis, tanto as diurnas como as nocturnas. 🌦 DOMINGO:… Seguir lendo Prognóstico para a fin de semana: 18 e 19 de Setembro

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 11/12 DE SETEMBRO

👉 PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA 🌤 Por diante un Sábado e un Domingo moi tranquilos nos que se alternarán os claros coas nubes de tipo medio e alto. Non quedará todo despexado xa que polo Atlántico vaise ir achegando unha nova bolsa de aire frío que nos afectará co comezo de semana mais,… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 11/12 DE SETEMBRO

Prognóstico para a fin de semana do 7-8 de Agosto

🌦 SÁBADO: Nubes e chuvascos, máis probables e frecuentes na primeira metade do día, tendendo a remitir en toda #Galicia pola tarde, ao interior apenas chegarán chuvias durante a xornada, pero si que o farán na madrugada. Temperaturas sen grandes cambios ou en lixeiro descenso. 🌤 DOMINGO: Nubes altas que non impedirán o paso do… Seguir lendo Prognóstico para a fin de semana do 7-8 de Agosto

Fin de semana: 31 de Xullo-1 de Agosto

👉 PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA 🔹 SÁBADO: Vento do oeste/noroeste, nubes e claros e mesmo tamén algún chuvasco no norte e oeste, máis probables pola mañá. Seguen baixando as temperaturas, ambiente frío para a época do ano, tanto nas temperaturas máximas como nas temperaturas nocturnas. 🔹 DOMINGO: Vento do oeste frouxo, aporte húmido… Seguir lendo Fin de semana: 31 de Xullo-1 de Agosto

Fin de semana: 24-25 de Xullo

() PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA SÁBADO: Moitas nubes en xeral con chuvascos intermitentes, máis probables no oeste e norte de #Galicia, pero serán chuvias febles, pouca cousa, ao interior sur apenas chegarán. As temperaturas manteranse sen grandes cambios. DOMINGO: Comezará con moitas nubes pero irá abrindo conforme vaian pasando as horas, hai risco… Seguir lendo Fin de semana: 24-25 de Xullo

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 10-11 DE XULLO

(‼) PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA ☀ SÁBADO: Moito sol en xeral con algunha nube no norte, nada importante. Calor no sur especialmente con máximas por riba dos 30ºC no interior e rondando os 28ºC nas Rías Baixas. 🌤 DOMINGO: Máis nubes no norte de #Coruña e #Lugo onde mesmo hai risco dalgún orballo… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 10-11 DE XULLO

Pronóstico para a fin de semana: 3-4 de Xullo

() PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA SÁBADO: Ventos do suroeste frouxos, con refachos moderados na costa da morte. Dita compoñente achegará nubes e humidade á marxe Atlántica das Rías Baixas onde está previsto que haxa moitas nubes e con algúns orballos. En terra teremos nubes e claros pero co avance da tarde, as nubes… Seguir lendo Pronóstico para a fin de semana: 3-4 de Xullo

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 12 E 13 DE XUÑO

SÁBADO: Quedamos baixo a influencia dunha bolsa de aire frío en altura que, xunto coa calor acumulada, favorecerá a formación de nubes de treboada. Pola tarde daranse chaparróns treboentos no interior que seguramente cheguen tamén ao litoral sur das Rías Baixas.Pero é moi complicado pronosticar onde vai caer exactamente un chaparrón. Ascenso térmico moi marcado… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 12 E 13 DE XUÑO