Prognóstico para a fin de semana do 7-8 de Agosto

? SÁBADO: Nubes e chuvascos, máis probables e frecuentes na primeira metade do día, tendendo a remitir en toda #Galicia pola tarde, ao interior apenas chegarán chuvias durante a xornada, pero si que o farán na madrugada. Temperaturas sen grandes cambios ou en lixeiro descenso.

? DOMINGO: Nubes altas que non impedirán o paso do sol, con vento frouxo do oeste/suroeste. Máis nubes na costa norte. Ascenso das temperaturas máximas mentras que as mínimas baixarán aínda un chisco máis, madrugada Dominical fría.

Boa finde!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*