A Xanela Diaria: Luns 30 de Agosto

? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos brétemas costeiras rondando o litoral oeste Galego, con tendencia a ir sendo menos espesas a partir do mediodía pero volverán a partir da tardiña. No resto, sol na Mariña e nubes e claros no interior pola tarde.

? Ascenso térmico no prelitoral oeste de Coruña e Pontevedra, un chisco máis de calor polo tanto, e sen grandes cambios no resto de Galicia.

Tede boa semana! 🙂

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*