Situación entre as altas e as baixas presións ambos días. Ventos do noroeste, con refachos entre moderados/fortes na costa norte que aportarán humidade con nubes e algúns chuvascos que serán máis frecuentes no norte de #Galicia ao longo da fin de semana. Máis nubes o domingo pero non hai que agardar gran cousa en canto a chuvia, senon algúns chuvascos febles sen maior consecuencia.
As temperaturas vanse recuperando pouco a pouco pero o domingo, as máximas, volverán baixar, seguimos con ambiente frío, propio da época do ano.
Tede boa finde!!