PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 11/12 DE SETEMBRO

👉 PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA


🌤 Por diante un Sábado e un Domingo moi tranquilos nos que se alternarán os claros coas nubes de tipo medio e alto. Non quedará todo despexado xa que polo Atlántico vaise ir achegando unha nova bolsa de aire frío que nos afectará co comezo de semana mais, aínda así, este tipo de nubes avisan de que o tempo non vai rematar por estabilizarse por completo.


📈 O vento soprará moi frouxo en xeral con brisas costeiras pero con ascenso térmico xeralizado, con máximas que o Domingo xa volverán rondar os 30ºC en amplas zonas do interior de #Galicia, con valores máis suaves na costa.


☺ Polo tanto, como vedes, temos por diante un remate de semana tranquilo, con ascenso térmico, nubes e claros e sen chuvias, antes da súa chegada co comezo da segunda semana de Setembro 🙂


Boa finde a tod@s!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*