A Xanela Diaria: Martes 5 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos como pouco a pouco a cousa vaise estabilizando. Pola mañá aínda teremos nubes e algúns chuvascos febles, máis probables no norte, pero que co paso das horas van ir remitindo, á vez que se van ir abrindo claros. Vento frouxo do noroeste.

? As temperaturas tamén se recuperan, e xa teremos máximas por riba dos 20ºC no sur e oeste de #Galicia.

#AbreAXanela 🙂

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*