A Xanela Diaria: Martes 11 de Maio

? Por diante un Martes, de novo, marcado pola inestabilidade atmosférica. Pola mañá sucederanse os chuvascos e a partir da tarde, unha fronte asociada a unha pequena borrasca que pasará moi preto de #Galicia, irá entrando dende as Rías Baixas, descargando precipitacións máis persistentes. Ollo ao vento porque a partir da tarde tamén aumentará a… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 11 de Maio

A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio

? Comezaremos semana cun Luns de chuvascos intermitentes, por veces intensos e máis frecuentes na marxe Atlántica. Poderán vir con saraiba e tamén con algunha treboada puntual. O vento soprará moderado de compoñente oeste. ? As temperaturas seguen baixando, os valores serán baixos para a época do ano e teremos que falar de sensación de… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio

A Xanela Diaria: Domingo 9 de Maio

? Domingo de chaparróns intermitentes, serán máis frecuentes e intensos na marxe Atlántica. Non choverá seguido, pero por veces caerá con forza, con saraiba e con algunha treboada. Vento moderado do suroeste, con refachos fortes. ?DESCENSO TÉRMICO moi marcado, moita diferenza respecto aos valores do Sábado, ambiente frío. Tede un bo final de semana! 🙂

A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio

? Por diante un Venres de ceo moi aberto no norte e interior Galego, mentras que na marxe Atlántica pola mañá, mesmo teremos algunhas chuvias febles, moi pouca cousa. Co avance do día, as nubes iranse retirando e quedarán moi pegadas á costa, xa sen chuvias. ? As temperaturas van ir subindo pouco a pouco,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio

A Xanela Diaria: Sábado 1 de Maio

? Comezamos mes e seguimos con ambiente revolto. A probabilidade de chuvascos seguirá sendo elevada no norte e interior Galego, pero non serán gran cousa, bastante dispersos e que, de caer, acumularán pouca cantidade de auga. ? O que si temos que falar é de frío e de temperaturas baixas para a época, e, ademais,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 1 de Maio