? Comezamos mes e seguimos con ambiente revolto. A probabilidade de chuvascos seguirá sendo elevada no norte e interior Galego, pero non serán gran cousa, bastante dispersos e que, de caer, acumularán pouca cantidade de auga.
? O que si temos que falar é de frío e de temperaturas baixas para a época, e, ademais, o vento do norte vai axudar a incrementar esa sensación de frío, polo que agardo que non gardárades a roupa de Inverno aínda!
Tede bo día!