A Xanela Diaria: Venres 30 de Abril

a xanela

? Por diante un Venres que será practicamente un calco do Xoves. Nubes e claros con posibilidade dalgún chuvasco, máis frecuentes e probables na metade norte de Coruña e Lugo, pero que co paso das horas se adentrarán tamén cara as comarcas do centro de Galicia. En todo caso, pouca cousa.

? As temperaturas manteranse sen grandes cambios, polo que continuamos co ambiente frío para a época do ano, sensación que se encargará de enfriar aínda máis o vento do norte moderado.

Tede boa xornada 🙂

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*