? Venres marcado polo sol no 90% de Galicia. No extremo norte de Coruña Lugo teremos algunhas nubes baixas sen importancia. Pola tarde, no interior de Lugo e Ourense, medrarán nubes de evolución que poderían descargar algún chuvasco treboento moi local e puntual.
? As temperaturas seguen en valores cálidos no interior, con 30ºC nos vales do sur de Lugo e Ourense. Os 20ºC están asegurados na maior parte de Galicia, polo que o ambiente será moi agradable.
Tede bo día! ☺