A Xanela Diaria: Mércores 1 de Setembro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada inestable, con probabilidade alta de chuvascos no sur xa dende pola mañá, pero as treboadas máis fortes toparémolas pola tarde no interior sur, a provincia de #Ourense semella que vai ser a máis afectada. No norte non se agardan chuvascos e volverán as nubes baixas á Mariña.

? As temperaturas baixan un chisco pero aínda así manteranse en valores de 27ºC na meirande parte de #Galicia, especialmente no interior e no prelitoral oeste, polo que seguiremos falando de calor, ambiente típico treboento.

#AbreAXanela 🙂

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*