PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 2-3 DE OUTUBRO

🌧 SÁBADO: Típico ambiente pre-frontal con circulación do suroeste que irá gañando intensidade ao longo da xornada, pero que soprará con refachos fortes en xeral, máis intensos na costa norte. En canto ao estado do ceo, agárdanse ceos anubrados con precipitacións na marxe Atlántica, especialmente no prelitoral das Rías Baixas e extremo norte de #Coruña. Estas chuvias iranse facendo máis intensas e persistentes coa chegada da noite e na madrugada do Domingo unha fronte moi activa atravesará #Galicia con precipitacións moi abundantes.

🌦 DOMINGO: Tralo paso da fronte, quedaremos nun réxime de ventos do oeste que aportarán humidade e chuvascos intermitentes, probables en calquera punto. Descenso térmico, por outra banda, xa que chega unha masa de aire máis frío.

Boa finde! 🙂

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*