PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 16-17 de Outubro

? SÁBADO: Revólvese un pouco a situación debido a un pequeno centro de baixas presións. Hai que agardar un aumento da nubosidade ao longo da mañá e a chegada de precipitacións intermitentes na segunda metade do día. Non serán gran cousa e estarán mais ben centradas no norte e oeste de #Galicia. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur, moderados na costa da morte. As temperaturas, en descenso, nada de calor xa.

? DOMINGO: Imos recuperando un chisco a influencia anticiclónica. As nubes alternaranse cos claros con risco dalgunha chuvia feble pola mañá aínda no suroeste da provincia da #Coruña. Ventos frouxos do suroeste e novo ascenso térmico, a valores de novo por riba dos 20ºC na meirande parte de Galicia.

Boa finde!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*