PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 30-31 DE OUTUBRO

? SÁBADO: Comezará tranquilo e con poucas chuvias trala noite complicada de hoxe, pero co avance do día novas precipitacións irán chegando de sur a norte, sendo máis persistentes e intensas no sur de #Galicia. O refachos serán moderados do suroeste e as temperaturas recuperaranse lixeiramente.

? DOMINGO: A verdade é que non sei nin eu cando entrará unha fronte nin cantas o farán, pero hai que agardar a entrada de polo menos unha durante a mañá con chuvias localmente fortes e ventos moderados do suroeste que irán rolando a oeste pola tarde. As temperaturas máximas volven baixar mentras que as mínimas seguirán sen cambios.

Tede boa finde!! 🙂

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*