? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos algún chuvasco no norte pero con nubes e claros e sen chuvias no resto. Ventos frouxos do noroeste. ? Temperaturas diurnas sen cambios e mínimas en descenso, máis frío pola noite. #AbreAXanela 🙂
Etiqueta: agora.gal
A Xanela Diaria: mércores 5 de Xaneiro
? Abrimos a #xaneladiaria do mércores e vemos unha xornada gris con chuvias persistentes. A partir da tarde, estas precipitacións irán remitindo xa polo oeste de #Galicia. ? Ambiente máis frío, propio da época do ano. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: Martes 4 de Xaneiro
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos chuvascos intermitentes, localmente intensos, voltará a neve ás montañas. Vento do noroeste moderado. ? Temperaturas en descenso, ambiente máis frío, propio da época. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: luns 3 de Xaneiro
? Abrimos a #xaneladiaria do luns e vemos nubes e claros con máis nubes no oeste onde será algunha chuvia feble. Vento do sur con refachos fortes. ? Temperaturas sen grandes cambios. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: FIN DE ANO
? Abrimos a #XanelaDiaria do derradeira xornada do ano e vemos nubes altas e refachos de vento do sur fortes. ? Ambiente Primaveral (si, si..), temperaturas de máis de 20ºC en moitos puntos, valores moi altos para a época do ano. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: mércores 29 de Decembro
? Abrimos a #xaneladiaria do mércores e vemos unha xornada gris e húmida no oeste con algúns orballos que irán indo a menos. No resto, ceo máis aberto sen chuvias. ? Temperaturas máximas en ascenso e mínimas en descenso, valores cada vez máis temperados. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: martes 28 de Decembro
? Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos moitas nubes e chuvias febles persistentes no prelitoral das Rías Baixas. Chuvascos no resto pero moi pouca cousa fora da marxe máis Atlántica. Refachos fortes do suroeste. ? Ascenso térmico, ambiente cada vez máis morno e “cálido”. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: luns 27 de decembro
? Abrimos a #xaneladiaria do luns e vemos nubes e chuvias persistentes na marxe Atlántica, máis intermitentes no resto. Vento forte do suroeste. ? Temperaturas sen grandes cambios, aínda que baixarán un chisco. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: venres 24 de Decembro
? Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos chuvascos e vento moderado do sur. Durante a cea de noiteboa volverán aparecer chuvias persistentes e intensas dende o sur. ? Temperaturas en descenso. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: xoves 23 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do xoves e vemos unha xornada post-frontal con nubes e claros e chuvascos no oeste de #Coruña e no leste de #Lugo e #Ourense. ? Temperaturas en descenso, tanto as máximas como as mínimas. #AbreAXanela 🙂