A Xanela Diaria: Venres 2 de Xullo

👉 Abrimos a #XanelaDiaria e vemos un Venres no que volve mudar o conto. Voltamos aos ventos do suroeste que nos aportarán máis humidade, nubes e chuvascos, probables en calquera punto pero con maior risco na provincia de #Pontevedra. 📉 As temperaturas volven baixar de novo para volver ter un ambiente máis fresco, con valores… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 2 de Xullo

A Xanela Diaria: Xoves 1 de Xullo

👉Abrimos a #XanelaDiaria do primeiro de Xullo e vemos nubes altas paseándose polo ceo, con nubes de tipo baixo rondando a costa norte e tamén a posibilidade de brétemas costeiras nas Rías Baixas. 📈 As temperaturas subirán en toda #Galicia agás nas Rías Baixas onde o vento do oeste impedirá dito ascenso e mesmo que… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 1 de Xullo

A Xanela Diaria: Martes 29 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos nubes e claros no norte e ceos máis abertos canto máis ao sur nos atopemos. Hai risco dalgún chuvasco moi feble no norte de #Coruña e #Lugo pola mañá. 📈 As temperaturas iranse recuperando pouco a pouco e no sur e Rías Baixas xa se superarán os… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 29 de Xuño

A Xanela Diaria: Mércores 23 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada xa de anticiclón. Volve o vento do nordés, que soprará moderado e que acumulará nubes no litoral norte e especialmente, coma sempre, na Mariña onde teremos algúns chuvascos. Canto máis ao sur, ceos máis abertos con tránsito de nubes altas sen importancia. 📈 As temperaturas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 23 de Xuño

A Xanela Diaria: Luns 21 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada marcada polos chuvascos intermitentes e o vento do noroeste. Estaremos influenciados aínda pola borrasca que nos afectou hoxe, polo que o ambiente continuará inestable. 📈 Aínda así, as temperaturas van ir recuperando paseniñamente e xa haberá lugares do sur e oeste de #Galicia que superen… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 21 de Xuño

A Xanela Diaria: Martes 15 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos un calco ao de hoxe. De novo, nubes baixas no litoral norte, especialmente na Mariña. Pola tarde medrarán nubes de evolución no interior sur que darán lugar a chaparróns e, nas Rías Baixas, rondarán as brétemas, pero non deberían meterse. 📈 As temperaturas seguen subindo e superarán… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 15 de Xuño

A Xanela Diaria: Luns 14 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada marcada polas treboadas que afectarán ao interior pola tarde. No extremo norte, como ven sendo habitual, volverán aparecer nubes baixas en zonas típicas. E no sur das Rías Baixas, mesmo tamén poden facer acto de presenza as brétmeas costeiras, xa que o nordés calmará, pero… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 14 de Xuño

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 12 E 13 DE XUÑO

SÁBADO: Quedamos baixo a influencia dunha bolsa de aire frío en altura que, xunto coa calor acumulada, favorecerá a formación de nubes de treboada. Pola tarde daranse chaparróns treboentos no interior que seguramente cheguen tamén ao litoral sur das Rías Baixas.Pero é moi complicado pronosticar onde vai caer exactamente un chaparrón. Ascenso térmico moi marcado… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 12 E 13 DE XUÑO

A Xanela Diaria: Venres 11 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos nubes baixas no litoral norte, sol no resto pero con nubes de evolución no interior sur pola tarde, con algunha treboada na montaña e sur de OU. 📈 Ascenso térmico importante no Baixo Miño. Sen cambios no resto de Galicia. Segue a calor no sur e o… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 11 de Xuño