A Xanela Diaria: Xoves 3 de Xuño

Boa noite! Botamos unha ollada á #XanelaDiaria do Xoves e vemos unha xornada na que teremos moitas nubes aínda no norte e centro de #Galicia onde hai risco dalgún chuvasco moi feble. Os ceos estarán máis abertos canto máis preto das Rías Baixas nos atopemos. 📈📉 Ademais, teremos dúas partes ben diferenciadas no que a… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 3 de Xuño

A Xanela Diaria: Martes 1 de Xuño

👉 Boa noite! Abrimos de par en par a #XanelaDiaria e miramos directamente cara o primeiro día do mes de Xuño, cando se da por comezado o Verán meteorolóxico. Desta volta, teremos que falar dun Martes con máis nubes no ceo, especialmente no litoral, con brétemas rondando. Pola tarde, medrarán nubes de evolución no leste… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 1 de Xuño

A Xanela Diaria: Martes 25 de Maio

👉 Xornada totalmente anticiclónica. Moito sol en xeral, pero co tránsito de nubes altas con simple función decorativa, xa que non choverá en ningún punto de Galicia. 📈 As temperaturas van volvendo a valores propios da época. Máximas de máis de 20ºC no sur e Rías Baixas e superando a franxa dos 24ºC a carón… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 25 de Maio

A Xanela Diaria: Luns 24 de Maio

👉 Tralo paso da fronte durante a noite do Domingo e a madrugada do Luns, comezaremos semana cunha xornada marcada polas nubes e os claros, con chuvascos moi espallados pola xeografía Galega pero sen ser gran cousa, mesmo haberá zonas onde non choverá en todo o día. 📉 As temperaturas baixarán un chisco, pero non… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 24 de Maio

A Xanela Diaria: Domingo 16 de Maio

👉 Trala fronte do Sábado, teremos unha xornada marcada polas nubes e os claros. Hai risco dalgún chuvasco, pero de caer sería moi puntual, pouca cousa e pasaxeiro. 📉 As temperaturas mínimas baixarán tralo ascendo drástico que tiveron onte, mentras que as máximas seguirán sen grandes cambios. Tede un bo remate de semana 🙂

A Xanela Diaria: Sábado 15 de Maio

👉 Xornada gris, moitas nubes e con chuvias presentes durante todo o día, con acumulados importantes nas comarcas de Ferrolterra, Ortegal e Eume, e por suposto tamén no prelitoral das Rías Baixas. Serán estas zonas onde as precipitacións sexan máis intensas e persistentes. 📈 En canto ás temperaturas, subiron moito as mínimas grazas ao vento… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 15 de Maio

A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio

👉 Comezaremos semana cun Luns de chuvascos intermitentes, por veces intensos e máis frecuentes na marxe Atlántica. Poderán vir con saraiba e tamén con algunha treboada puntual. O vento soprará moderado de compoñente oeste. 📉 As temperaturas seguen baixando, os valores serán baixos para a época do ano e teremos que falar de sensación de… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio

A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio

👉 Por diante un Venres de ceo moi aberto no norte e interior Galego, mentras que na marxe Atlántica pola mañá, mesmo teremos algunhas chuvias febles, moi pouca cousa. Co avance do día, as nubes iranse retirando e quedarán moi pegadas á costa, xa sen chuvias. 📈 As temperaturas van ir subindo pouco a pouco,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio

A Xanela Diaria: Xoves 6 de Maio

👉 Xoves con moitas nubes e chuvias febles intermitentes, principalmente na metade oeste e centro de Galicia. Co paso das horas, a partir de media mañá, o ceo irá abrindo dende o norte e o interior, cando xa non se agardan precipitacións en ningún punto. 📈 As temperaturas subirán na metade norte debido ao vento… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 6 de Maio

A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio

👉 Martes no que comeza a cambiar o conto. Os ventos do oeste van collendo protagonismo, polo tanto, a humidade será maior. O ceo alternarase con nubes e claros, nubes que irán a máis a partir de media tarde dende o norte Galego onde xa teremos algunha chuvia feble. 📉 As temperaturas seguen sen grandes… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio