? Abrimos a #xaneladiaria do luns e vemos nubes e claros con máis nubes no oeste onde será algunha chuvia feble. Vento do sur con refachos fortes. ? Temperaturas sen grandes cambios. #AbreAXanela 🙂
Etiqueta: axaneladiaria
A Xanela Diaria: FIN DE ANO
? Abrimos a #XanelaDiaria do derradeira xornada do ano e vemos nubes altas e refachos de vento do sur fortes. ? Ambiente Primaveral (si, si..), temperaturas de máis de 20ºC en moitos puntos, valores moi altos para a época do ano. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: mércores 29 de Decembro
? Abrimos a #xaneladiaria do mércores e vemos unha xornada gris e húmida no oeste con algúns orballos que irán indo a menos. No resto, ceo máis aberto sen chuvias. ? Temperaturas máximas en ascenso e mínimas en descenso, valores cada vez máis temperados. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: martes 28 de Decembro
? Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos moitas nubes e chuvias febles persistentes no prelitoral das Rías Baixas. Chuvascos no resto pero moi pouca cousa fora da marxe máis Atlántica. Refachos fortes do suroeste. ? Ascenso térmico, ambiente cada vez máis morno e “cálido”. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: luns 27 de decembro
? Abrimos a #xaneladiaria do luns e vemos nubes e chuvias persistentes na marxe Atlántica, máis intermitentes no resto. Vento forte do suroeste. ? Temperaturas sen grandes cambios, aínda que baixarán un chisco. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: venres 24 de Decembro
? Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos chuvascos e vento moderado do sur. Durante a cea de noiteboa volverán aparecer chuvias persistentes e intensas dende o sur. ? Temperaturas en descenso. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: xoves 23 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do xoves e vemos unha xornada post-frontal con nubes e claros e chuvascos no oeste de #Coruña e no leste de #Lugo e #Ourense. ? Temperaturas en descenso, tanto as máximas como as mínimas. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: mércores 22 de Decembro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do mércores e vemos sol no norte e nubes e claros no sur. Vento do sur aumentando a súa intensidade anunciando a chegada dunha fronte. ? Temperaturas máximas en descenso e mínimas en ascenso. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: martes 21 de Decembro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do martes e vemos algún chuvasco pola mañá no oeste, sen chuvias no resto con nubes altas. ? Ascenso marcado das máximas e das mínimas, valores preto dos 20º nas Rías Baixas e no entorno da Coruña. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: luns 20 de Decembro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do luns e vemos nubes e claros con algúns chuvascos no sur principalmente. Ventos do surleste. ? Temperaturas en ascenso, especialmente as mínimas, xa non teremos tantas xeadas xeneralizadas. #AbreAXanela 🙂