() PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA SÁBADO: Moito sol en xeral. Ventos do leste frouxos agás en zonas altas onde haberá algún refacho moderado, pero sen importancia. Temperaturas en lixeiro descenso, máis fresco polo día e máis xeadas de madrugada. DOMINGO: Irán chegando nubes de tipo alto que anuncian cambios, que xa teremos o… Seguir lendo FIN DE SEMANA: 18-19 DE DECEMBRO
Etiqueta: axaneladiaria
A Xanela Diaria: venres 17 de Decembro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do venres e vemos moito sol en xeral con algunha nube na Mariña e néboas nos vales do interior. ? Temperaturas en descenso, valores lixeiramente máis frescos. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: xoves 16 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do xoves e vemos de novo sol, con néboas matinais do interior e algunha nube baixa na Mariña. ? Temperaturas máximas en lixeiro descenso e mínimas sen cambios. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: martes 14 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do martes e vemos moito sol en xeral con algunha nube de estancamento na Mariña. Néboas en zonas do interior onde tardarán bastante en abrir. ? Termómetros en ascenso no oeste ata valores por riba dos 17ºC no oeste de #Coruña e #Pontevedra. Mínimas en descenso. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: luns 13 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do luns e vemos moito sol en xeral con néboas e zonas baixas do interior que irán rompendo pouco a pouco. ? Temperaturas en ascenso, máximas por riba dos 16-17ºC no oeste e norte de #Galicia. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Martes 7 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do martes e vemos unha xornada de moito vento e con chuvias persistentes na primeira metade do día que pasarán a tipo chuvasco, localmente fortes e con treboadas, a partir da tarde. ? Temperaturas máximas en ascenso e mínimas en descenso. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Luns 6 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do luns e vemos unha xornada gris con chuvias máis frecuentes nas provincias Atlánticas onde serán localmente moderadas. Día húmido. ? Ascenso térmico debido ao vento do suroeste que aportará aire máis temperado dende o mar. #AbreAXanela 🙂
PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 4-5 de Decembro
Situación entre as altas e as baixas presións ambos días. Ventos do noroeste, con refachos entre moderados/fortes na costa norte que aportarán humidade con nubes e algúns chuvascos que serán máis frecuentes no norte de #Galicia ao longo da fin de semana. Máis nubes o domingo pero non hai que agardar gran cousa en canto… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 4-5 de Decembro
A Xanela Diaria: Venres 3 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do venres e vemos moitas nubes con chuvias febles que irán a máis na marxe atlántica. Menos nubosidade na mariña. ? Ventos do suroeste, polo tanto, ascenso térmico lixeiro, pero seguimos con ambiente frío. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Xoves 2 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do xoves e vemos nubes e claros con chuvascos intermitentes, máis frecuentes e probables no norte. No sur apenas cairá nada. ? As temperaturas seguen baixando, tanto as máximas como as mínimas. #AbreAXanela 🙂