A Xanela Diaria: Xoves 28 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos cambios en forma da entrada dunha fronte activa xa dende o mediodía polo oeste de #Coruña con chuvias localmente fortes que se irán adentrando en toda #Galicia pola tarde. ? As temperaturas diurnas, en descenso, mentras que as mínimas seguirán a subir. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Martes 26 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de moito sol, con néboas a primeiras horas no interior que romperán e darán paso a un ceo azul. ? As temperaturas diurnas en ascenso, 20-21ºC no sur e oeste de #Galicia, mentras que as mínimas baixarán, polo que irá frío pola mañá. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Luns 25 de Outubro

? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos nubes e claros en xeral, con risco dalgún chuvasco moi feble e illado pero moi pouca cousa de caer algo, e sería pola mañá. Nubes baixas e néboas no interior que irán abrindo moi pouco a pouco. ? As temperaturas recupéranse lixeiramente, aínda que o… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 25 de Outubro

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 23-24 DE OUTUBRO

? SÁBADO: Nubes altas que se pasearán polo ceo Galego pero sen maior importancia. Non se agardan precipitacións, o vento soprará frouxo e as temperaturas máximas subirán un chisco, polo que o ambiente será máis temperado ca dias pasados, con valores rondando os 18-19ºC nas horas centrais na meirande parte de #Galicia. ? DOMINGO: Chega… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 23-24 DE OUTUBRO

A Xanela Diaria: Venres 22 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos circulación do nordés, con algúns chuvascos na Mariña e moito sol canto máis ao sur nos atopemos. ? As temperaturas máximas suben lixeiramente no sur mentras que as mínimas baixarán, será unha madrugada máis fría, polo que a primeira hora fará falta unha chaquetiña. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Martes 19 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de nubes altas en xeral, sen precipitacións, pero con refachos fortes de vento do sur/suroeste. ? As temperaturas, en ascenso. Calor para a época do ano e máximas por riba dos 26ºC no interior e norte de #Galicia especialmente. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Luns 18 de Outubro

? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos nubes e claros en xeral, máis cuberto pola mañá no oeste Galego pero con tendencia a ir abrindo. Vento moderado do suroeste. ? Temperaturas máximas por riba dos 25ºC no interior e tamén na Mariña Lucense, debido ao vento sur. #AbreAXanela 🙂

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 16-17 de Outubro

? SÁBADO: Revólvese un pouco a situación debido a un pequeno centro de baixas presións. Hai que agardar un aumento da nubosidade ao longo da mañá e a chegada de precipitacións intermitentes na segunda metade do día. Non serán gran cousa e estarán mais ben centradas no norte e oeste de #Galicia. Os ventos soprarán… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 16-17 de Outubro