A Xanela Diaria: Martes 27 de Xullo

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de nubes e claros no norte e ambiente máis aberto canto máis ao sur nos atopemos. 📉 Temperaturas en lixeiro descenso, calorciño no sur pero sen excesos e ademais con valores mínimos que serán entre frescos e fríos, refrescará moito nas madrugadas. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Mércores 21 de Xullo

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos moito sol no centro e sur de #Galicia, desaparecen as néboas das Rías Baixas pero quedan as nubes baixas no norte. 📈 Recupéranse as temperaturas no sur, máximas por riba dos 30-32ºC no val do Miño de Ourense e sur de #Lugo. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Luns 19 de Xullo

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos sol no interior pero con brétemas costeiras rondando por toda a primeira liña de costa, o que provocará que o ambiente nesas zonas sexa máis gris 📉 As temperaturas baixan un chisco pero no interior seguirán en valores elevados, aínda que sen ser tan altas as máximas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 19 de Xullo