? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria e vemos un luns de nubes medias e altas con risco dalgún chuvasco (moi pouca cousa), pola tarde no interior. ? Baixan un chisco as máximas (pero manteranse en valores temperados), mentras que as mínimas seguirán sen cambios. #AbreAXanela, e comparte! 🙂
Etiqueta: santiago
A xanela diaria: xoves 10 de marzo
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos unha xornada de nubes e claros con algunhas chuvias febles en ourense e oeste de #coruña. Chegada dunha fronte activa pola noite. ?Temperaturas máximas en ascenso e mínimas en descenso. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: mércores 9 de marzo
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do mércores e vemos chuvias que gañarán en intensidade e persistencia no oeste conforme avance o día. Máis intermitentes no resto. Ventos fortes do sur. ? Temperaturas en ascenso. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: martes 8 de marzo
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos nubes e claros con chuvascos, máis frecuentes pola mañá, remitirán pola tarde. ? Ascenso das temperaturas nocturnas, xa non despertaremos con xeadas en ningún punto. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: luns 7 de marzo
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do luns e vemos un aumento de nubes medias co paso das horas que avisan da chegada dunha fronte pola noite.? As temperaturas máximas subirán mentras que a primeira hora será fría, con xeadas en boa parte da comunidade.#AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: venres 4 de marzo
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos chuvascos no norte (pouca cousa), e nubes e claros no resto, sen chuvias. Vento frouxo do norte. ? Irá frío, xa que baixan un chisco máis os termómetros. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: xoves 3 de marzo
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos chuvascos intermitentes, máis frecuentes no norte. Aparición da saraiba e tamén da neve por riba dos 800 metros. ? Descenso térmico, frío, acentuado polo vento do noroeste. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: mércores 2 de marzo
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do mércores e vemos unha xornada con aumento das nubes e con chegada de chuvias a partir da mañá polo oeste, afectando a cada vez máis lugares do interior e norte pola tarde. ? Descenso das temperaturas, ambiente máis frío. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: martes 1 de marzo
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos a entrada dunha fronte de oeste a leste ao longo do día, con precipitacións moderadas, máis abondosas nas provincias Atlánticas.? Máximas en descenso e mínimas en ascenso.#AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: martes 15 de febreiro
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos moitas nubes no oeste especialmente onde se darán algúns orballos. Canto máis ao norte e interior, menor risco de chuvias. ? Ascenso das temperaturas máximas. #AbreAXanela 🙂