A Xanela Diaria: Luns 5 de Xullo

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada de moito vento do sur, previo a unha fronte que barrerá #Galicia pola tarde, con precipitacións moderadas. Aínda así, no interior antes da chegada desta liña teremos o ceo moi aberto, non será así no oeste onde o vento do sur xa aportará humidade e nubes todo o día, con chuvias febles presentes no suroeste de #Coruña que co avance da tarde caerán en máis zonas e con maior intensidade.

📈 As temperaturas subirán no leste de Galicia con máximas por riba dos 24-26ºC nas provincias de #Coruña e #Lugo, e especialmente na Mariña Lucense.

#AbreAXanela

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*