Pronóstico para a fin de semana: 3-4 de Xullo

(‼) PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA

🌥 SÁBADO: Ventos do suroeste frouxos, con refachos moderados na costa da morte. Dita compoñente achegará nubes e humidade á marxe Atlántica das Rías Baixas onde está previsto que haxa moitas nubes e con algúns orballos. En terra teremos nubes e claros pero co avance da tarde, as nubes baixas Atlánticas irán entrando e volverá orballar. As temperaturas van baixando pouco a pouco, o único lugar onde apenas variarán será na Mariña onde debido ao vento do sur, as temperaturas manteranse en valores superiores aos 23ºC de máxima.

🌧 DOMINGO: O vento do suroeste colle algo máis de forza e aportará aínda máis humidade con nubes e chuvias presentes todo o día nas provincias Atlánticas especialmente, non serán precipitacións intensas, para nada, serán febles e mais ben concentradas nas Rías Baixas, pero será unha xornada gris, con moita humidade e con temperaturas frescas para a época do ano. Canto máis ao interior, menos risco de precipitacións.

Tede boa finde!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*