() PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA
SÁBADO: Moitas nubes en xeral con chuvascos intermitentes, máis probables no oeste e norte de #Galicia, pero serán chuvias febles, pouca cousa, ao interior sur apenas chegarán. As temperaturas manteranse sen grandes cambios.
DOMINGO: Comezará con moitas nubes pero irá abrindo conforme vaian pasando as horas, hai risco dalgún chuvasco feble no norte da comunidade, pero moi pouca cousa en xeral. Desta volta si que hai que agardar un pequeno ascenso térmico nas temperaturas máximas e un descenso nas mínimas.
Boa finde!!