A Xanela Diaria: Luns 20 de Setembro

? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos chuvascos intermitentes no norte de #Coruña e #Lugo, máis frecuentes e e intensos na Mariña. Ceos máis despexados canto máis ao sur nos atopemos, en #Pontevedra e #Ourense non se agardan chuvascos. ? Descenso térmico na maior parte de #Galicia, máximas máis frescas agás nas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 20 de Setembro

Prognóstico para a fin de semana: 18 e 19 de Setembro

? SÁBADO: Algúns chuvascos presentes no norte e centro de #Galicia especialmente, pero con tendencia a remitir. No sur non se agardan precipitacións. O vento soprará do noroeste frouxo en xeral, agás na Mariña onde haberá refachos moderados. Polo demais, as temperaturas baixarán aínda un chisco máis, tanto as diurnas como as nocturnas. ? DOMINGO:… Seguir lendo Prognóstico para a fin de semana: 18 e 19 de Setembro

A Xanela Diaria: Venres 17 de Setembro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos unha xornada marcada polo paso dun sistema frontal que irá atravesando #Galicia ao longo do día deixando ao seu paso chuvias moderadas. Tras ela, abriranse grandes claros e xa moi pouco ou nada choverá. ? Coa fronte, chega unha masa de aire máis frío que de novo… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 17 de Setembro

A Xanela Diaria: Mércores 15 de Setembro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos nubes e claros con algúns chuvascos no extremo norte pero tamén no interior de #Lugo e #Ourense, onde poderán vir con algunha treboada. ? As temperaturas manteranse sen grandes cambios, como moito baixarán un chisco no norte da comunidade. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Luns 13 de Setembro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos cambios. Nubes altas pero con chegada de chuvascos treboentos a #Lugo e #Ourense a partir da tarde. Na madrugada do Martes, tamén chegarán ao oeste. ? Descenso térmico, vaise a calor e volve o ambiente máis agradable pouco a pouco. Bo comezo de semana! 🙂

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 11/12 DE SETEMBRO

? PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA ? Por diante un Sábado e un Domingo moi tranquilos nos que se alternarán os claros coas nubes de tipo medio e alto. Non quedará todo despexado xa que polo Atlántico vaise ir achegando unha nova bolsa de aire frío que nos afectará co comezo de semana mais,… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 11/12 DE SETEMBRO

A Xanela Diaria: Venres 10 de Setembro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos nubes e claros con posibilidade de chuvascos febles e dispersos, máis probables no oeste pero con tendencia a ir remitindo e tamén a ir abrindo o ceo pouco a pouco. ? As temperaturas máximas ascenderán lixeiramente mentras que as mínimas baixarán un chisco tralo paso da fronte… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 10 de Setembro