? PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA ? SÁBADO: Vento do oeste/noroeste, nubes e claros e mesmo tamén algún chuvasco no norte e oeste, máis probables pola mañá. Seguen baixando as temperaturas, ambiente frío para a época do ano, tanto nas temperaturas máximas como nas temperaturas nocturnas. ? DOMINGO: Vento do oeste frouxo, aporte húmido… Seguir lendo Fin de semana: 31 de Xullo-1 de Agosto
Etiqueta: redmeteo
A Xanela Diaria: Venres 30 de Xullo
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos cambios en forma de nubes e claros. con algún chuvasco feble, e ademais con ambiente máis fresco, xa que baixan as temperaturas. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Xoves 29 de Xullo
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos nubes e claros no norte pero con ceos moi abertos no centro e sur. ? Temperaturas en lixeiro ascenso no interior sur con máximas por riba dos 29ºC. Ambiente máis fresco no norte. #AbreAXanela
A Xanela Diaria: Mércores 28 de Xullo
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada de sol no centro e sur con máximas un chisco máis altas ca hoxe, calor suave. No norte haberá algunhas nubes empurradas polo nordés, onde o ambiente será máis fresquiño. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Martes 27 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de nubes e claros no norte e ambiente máis aberto canto máis ao sur nos atopemos. ? Temperaturas en lixeiro descenso, calorciño no sur pero sen excesos e ademais con valores mínimos que serán entre frescos e fríos, refrescará moito nas madrugadas. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Luns 26 de Xullo
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada de nubes e claros no norte de #Coruña e #Lugo pero con moito sol no resto. ? As temperaturas máximas van subindo e chegarán aos 24ºC nas Rías Baixas e a 26/28ºC no val do Miño de #Ourense. #AbreAXanela
Fin de semana: 24-25 de Xullo
() PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA SÁBADO: Moitas nubes en xeral con chuvascos intermitentes, máis probables no oeste e norte de #Galicia, pero serán chuvias febles, pouca cousa, ao interior sur apenas chegarán. As temperaturas manteranse sen grandes cambios. DOMINGO: Comezará con moitas nubes pero irá abrindo conforme vaian pasando as horas, hai risco… Seguir lendo Fin de semana: 24-25 de Xullo
A Xanela Diaria: Martes 20 de Xullo
? Moi boa noite! Miramos a través da #XanelaDiaria e vemos un Martes con algunhas néboas no litoral e ambiente máis aberto no interior. ? Seguen baixando un chisco os termómetros, esquecémonos da calor forte de días pasados. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Xoves 15 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos unha xornada de sol en toda #Galicia agás na Mariña onde o nordés poderá acumular algunhas nubes. ? As temperaturas ascenden a valores por riba dos 30ºC no interior sur e Rías Baixas, máximas propias da época do ano na que nos atopamos. #AbreAXanela
A Xanela Diaria: Venres 9 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos unha xornada de moito sol con algunha nube no norte, sen maior importancia. ? Temperaturas máximas en ascenso ata valores superiores aos 30ºC no val do Miño e rondando os 26ºC nas Rías Baixas. #AbreAXanela