? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos nubes altas en xeral pero tamén risco de nubes baixas no litoral debido ao vento tan frouxo. ? Descenden os termómetros pouco a pouco, xa non irá tanta calor coma estes días pasados. #AbreAXanela 🙂
Etiqueta: abreaxanela
A Xanela Diaria: Mércores 13 de Outubro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha nova xornada de moito sol e vento frouxo en xeral. ? As temperaturas, sen cambios. Valores elevadísimos para a época do ano, con calor no sur e oeste especialmente. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Luns 11 de Outubro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos nubes altas sen importancia. Vento forte do nordés na costa norte e frouxo nas Rías Baixas. ? Ascenso térmico, máximas por riba dos 25/26ºC nas Rías Baixas, moita calor para a época do ano. #AbreAXanela 🙂
PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 9-10 DE OUTUBRO
Por diante un Sábado e un Domingo de moito sol en xeral. A única diferenza é que o vento vai aumentar a súa intensidade e o nordés zoará con forza en toda a costa norte especialmente, o que atraerá nubes de tipo baixo á Mariña e tamén, no caso do Sábado, á contorna de Malpica.… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 9-10 DE OUTUBRO
A Xanela Diaria: Venres 8 de Outubro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos outro diazo de sol, con vento moi frouxo en xeral, agás na Mariña onde o nordés soprará con algo máis de forza. ? As temperaturas, elevadas para a época. Máximas por riba dos 25/26ºC no sur e oeste de #Galicia especialmente. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Xoves 7 de Outubro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos unha xornada con nubes de tipo alto sen importancia. ? Ascenso térmico, temperaturas que nas horas centrais do día chegarán a superar os 25/26ºC no oeste e zonas baixas do interior de #Galicia. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Mércores 6 de Outubro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos moito sol con algunha nube alta sen importancia. ? Ascenso térmico, máximas de máis de 23/24ºC xa no sur e oeste de #Galicia. Ambiente máis cálido. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Martes 5 de Outubro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos como pouco a pouco a cousa vaise estabilizando. Pola mañá aínda teremos nubes e algúns chuvascos febles, máis probables no norte, pero que co paso das horas van ir remitindo, á vez que se van ir abrindo claros. Vento frouxo do noroeste. ? As temperaturas tamén se… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 5 de Outubro
A Xanela Diaria: Luns 4 de Outubro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha nova xornada marcada polos ventos do suroeste. Chuvascos frecuentes no oeste e moito máis espaciados e febles no interior. Contra a tardiña, chegará unha nova fronte. ? Temperaturas sen grandes cambios, aínda que subirán un chisco, tanto as máximas como as mínimas. #AbreAXanela 🙂
PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 2-3 DE OUTUBRO
? SÁBADO: Típico ambiente pre-frontal con circulación do suroeste que irá gañando intensidade ao longo da xornada, pero que soprará con refachos fortes en xeral, máis intensos na costa norte. En canto ao estado do ceo, agárdanse ceos anubrados con precipitacións na marxe Atlántica, especialmente no prelitoral das Rías Baixas e extremo norte de #Coruña.… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 2-3 DE OUTUBRO