? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos moito sol en toda #Galicia agás na Mariña onde o nordés acumulará algunha nube baixa, mais non debería de estar cuberto. ? As temperaturas máximas superarán xa os 26-27ºC no sur e Rías Baixas, ascenso térmico marcado que nos vai achegando a valores propios da época do… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 24 de Xuño
Autor: redemeteo
A Xanela Diaria: Mércores 23 de Xuño
? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada xa de anticiclón. Volve o vento do nordés, que soprará moderado e que acumulará nubes no litoral norte e especialmente, coma sempre, na Mariña onde teremos algúns chuvascos. Canto máis ao sur, ceos máis abertos con tránsito de nubes altas sen importancia. ? As temperaturas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 23 de Xuño
A Xanela Diaria: Martes 22 de Xuño
? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de vento do norte con nubes e chuvascos intermitentes, frecuentes e máis intensos en #Coruña e #Lugo e máis espallados conforme nos acheguemos ás Rías Baixas, que será a zona con menor risco de precipitación de #Galicia. Algo vai caer, pero pouca cousa. ? As… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 22 de Xuño
A Xanela Diaria: Luns 21 de Xuño
? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada marcada polos chuvascos intermitentes e o vento do noroeste. Estaremos influenciados aínda pola borrasca que nos afectou hoxe, polo que o ambiente continuará inestable. ? Aínda así, as temperaturas van ir recuperando paseniñamente e xa haberá lugares do sur e oeste de #Galicia que superen… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 21 de Xuño
Sen título
() PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA SÁBADO: Comezará moi anubrado en toda #Galicia e con chuvascos febles que poden caer en calquer punto. Co avance da tarde, irá abrindo o ceo polo oeste Galego pero non durará moito, xa que contra a noite irá chegando unha fronte, con novas chuvias. No interior, estes chuvascos… Seguir lendo Sen título
A Xanela Diaria: Venres 18 de Xuño
? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos outra xornada de nubes, con chuvascos febles no norte e máis intensos no interior pola tarde, cando virán con treboadas. A zona con menor risco de chuvascos ao longo da xornada serán as Rías Baixas. ? As temperaturas subirán un chisco, pero tampouco e que haxa gran… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 18 de Xuño
A Xanela Diaria: Xoves 17 de Xuño
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos unha xornada inestable, con chuvascos xeneralizados por toda #Galicia, localmente intensos e con algunha treboada puntual. ? As temperaturas si que xa se desploman, irá ata frío en comparación coas temperaturas que tivemos en días pasados. Montaña rusa! #AbreAXanela ☺
A Xanela Diaria: Mércores 16 de Xuño
? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos outra xornada inestable, con avisos por treboadas fortes e todo o interior Galego. Na costa, os chuvascos serán menos probables e nas Rías Baixas, que e era a que se libraba das nubes baixas estes días, irá rondando a brétema costeira. ? As temperaturas baixarán de xeito… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 16 de Xuño
A Xanela Diaria: Martes 15 de Xuño
? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos un calco ao de hoxe. De novo, nubes baixas no litoral norte, especialmente na Mariña. Pola tarde medrarán nubes de evolución no interior sur que darán lugar a chaparróns e, nas Rías Baixas, rondarán as brétemas, pero non deberían meterse. ? As temperaturas seguen subindo e superarán… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 15 de Xuño
A Xanela Diaria: Luns 14 de Xuño
? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada marcada polas treboadas que afectarán ao interior pola tarde. No extremo norte, como ven sendo habitual, volverán aparecer nubes baixas en zonas típicas. E no sur das Rías Baixas, mesmo tamén poden facer acto de presenza as brétmeas costeiras, xa que o nordés calmará, pero… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 14 de Xuño