A Xanela Diaria: Xoves 29 de Abril

? Xoves de nubes e claros, con risco dalgún chuvasco en calquer punto, en todo caso, non serán gran cousa e serán febles e dispersos. ? Seguen baixando as temperaturas, estamos nunha semana bastante máis fría, alí onde o vento norte sopre con refachos moderados, mesmo teremos sensación de frío Tede bo día! 🙂

A Xanela Diaria: Mércores 28 de Abril

? Mércores no que as nubes e os claros van ser os protagonistas da xornada. Nas Rías Baixas, o vento do norte vai limpar de nubes o ceo, polo que nesa zona haberá moito sol. No extremo sueste de Ourense, na fronteira con Portugal e con Castela e Leon, medrarán chaparróns pola tarde que descargarán… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 28 de Abril

A Xanela Diaria: Luns 26 de Abril

? Luns de nubes pero sen tanta inestabilidade coma na fin de semana. Aínda así, pola tarde volverán medrar nubes de evolución que descargarán chaparróns, pero desta volta máis restrinxidos cara o interior, non afectarán ao litoral. Como moito, poderían achegarse á Mariña Lucense. ? Chega unha masa de aire máis fresco e iso provocará… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 26 de Abril

A Xanela Diaria: Sábado 24 de Abril

? Sábado marcado pola inestabilidade atmosférica. Medrarán nubes de evolución que descargarán chaparróns, probables en calquer punto pero existe máis risco na provincia de A Coruña e nas Rías Baixas. Poden vir acompañadas de saraibadas. ⚠ AEMET ten activo un aviso AMARELO dende as 14:00 do Sábado en toda A Coruña por treboadas e chaparróns… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 24 de Abril

A Xanela Diaria: Venres 23 de Abril

? Comezamos a notar os efectos da borrasca que se achega polo Atántico. As nubes van ir a máis conforme vaian pasando as horas e chegarán chuvascos, que serán máis intensos e probables a últimas horas no sur e oeste Galego cando, non se desbota que veñan acompañados dalgunhas treboadas. ? Debido ao vento do… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 23 de Abril

A Xanela Diaria: Mércores 21 de Abril

? Mércores marcado pola inestabilidade atmosférica. Tras unha mañá tranquila, pola tarde medrarán nubes de evolución que descargarán chuvascos no interior e, mentras, dende as Rías Baixas, irá entrando unha fronte que descargará precipitacións máis persistentes e localmente moderadas. ? As temperaturas seguen baixando, polo que hai que agardar unha xornada máis fresca e húmida.… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 21 de Abril

A Xanela Diaria: Martes 20 de Abril

? Por diante un Martes de chuvascos intermitentes, probables en calquer punto, pero que serán máis intensos pola tarde en zonas do interior, onde localmente serán fortes. Non se descarta que veñan acompañados dalgunha treboada puntual. ? Seguen baixando as temperaturas. Valores cada vez máis frescos, ímonos esquecendo das temperaturas tan cálidas que tivemos en… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 20 de Abril