A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio

? Comezaremos semana cun Luns de chuvascos intermitentes, por veces intensos e máis frecuentes na marxe Atlántica. Poderán vir con saraiba e tamén con algunha treboada puntual. O vento soprará moderado de compoñente oeste. ? As temperaturas seguen baixando, os valores serán baixos para a época do ano e teremos que falar de sensación de… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio

A Xanela Diaria: Domingo 9 de Maio

? Domingo de chaparróns intermitentes, serán máis frecuentes e intensos na marxe Atlántica. Non choverá seguido, pero por veces caerá con forza, con saraiba e con algunha treboada. Vento moderado do suroeste, con refachos fortes. ?DESCENSO TÉRMICO moi marcado, moita diferenza respecto aos valores do Sábado, ambiente frío. Tede un bo final de semana! 🙂

A Xanela Diaria: Sábado 8 de Maio

? Sábado marcado polo ceo moi aberto no 90% de Galicia, só nas comarcas occidentais da provincia de Coruña, o vento do sur, que soprará forte, acumulará máis nubes de tipo baixo que mesmo tamén deixarán algunhas chuvias febles nas zonas típicas. ? As temperaturas experimentarán un bo ascenso no interior e norte, onde, especialmente… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 8 de Maio

A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio

? Por diante un Venres de ceo moi aberto no norte e interior Galego, mentras que na marxe Atlántica pola mañá, mesmo teremos algunhas chuvias febles, moi pouca cousa. Co avance do día, as nubes iranse retirando e quedarán moi pegadas á costa, xa sen chuvias. ? As temperaturas van ir subindo pouco a pouco,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio

A Xanela Diaria: Xoves 6 de Maio

? Xoves con moitas nubes e chuvias febles intermitentes, principalmente na metade oeste e centro de Galicia. Co paso das horas, a partir de media mañá, o ceo irá abrindo dende o norte e o interior, cando xa non se agardan precipitacións en ningún punto. ? As temperaturas subirán na metade norte debido ao vento… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 6 de Maio

A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio

? Martes no que comeza a cambiar o conto. Os ventos do oeste van collendo protagonismo, polo tanto, a humidade será maior. O ceo alternarase con nubes e claros, nubes que irán a máis a partir de media tarde dende o norte Galego onde xa teremos algunha chuvia feble. ? As temperaturas seguen sen grandes… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio

A Xanela Diaria: Domingo 2 de Maio

? O aire frío en altura vaise ir afastando pero non de todo. Nubes e claros con ceos máis abertos nas Rías Baixas. Pola tarde, aumentarán as nubes no interior de Lugo e Ourense, onde hai risco dalgún chuvasco, pero moi puntual. ? As temperaturas máximas vanse ir recuperando tras unha madrugada moi fría, con… Seguir lendo A Xanela Diaria: Domingo 2 de Maio

A Xanela Diaria: Sábado 1 de Maio

? Comezamos mes e seguimos con ambiente revolto. A probabilidade de chuvascos seguirá sendo elevada no norte e interior Galego, pero non serán gran cousa, bastante dispersos e que, de caer, acumularán pouca cantidade de auga. ? O que si temos que falar é de frío e de temperaturas baixas para a época, e, ademais,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 1 de Maio

A Xanela Diaria: Venres 30 de Abril

? Por diante un Venres que será practicamente un calco do Xoves. Nubes e claros con posibilidade dalgún chuvasco, máis frecuentes e probables na metade norte de Coruña e Lugo, pero que co paso das horas se adentrarán tamén cara as comarcas do centro de Galicia. En todo caso, pouca cousa. ? As temperaturas manteranse… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 30 de Abril