A Xanela Diaria: Martes 7 de Setembro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos ambiente inestable con chuvascos probables en calquera punto, localmente intensos e acompañados de treboadas nalgunhas zonas. ? Descenso térmico, fará calor no norte e interior pero as temperaturas non serán tan elevadas. No oeste, os valores tamén baixarán, polo que o ambiente será xa máis fresco. #AbreAXanela… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 7 de Setembro

A Xanela Diaria: Mércores 1 de Setembro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada inestable, con probabilidade alta de chuvascos no sur xa dende pola mañá, pero as treboadas máis fortes toparémolas pola tarde no interior sur, a provincia de #Ourense semella que vai ser a máis afectada. No norte non se agardan chuvascos e volverán as nubes baixas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 1 de Setembro

A Xanela Diaria: Martes 31 de Agosto

? Abrimos a xanela do Martes e vemos nubes medias e altas surcando o ceo Galego con aparición de nubes de evolución pola tarde no interior que darán lugar a chaparróns treboentos no interior sur. No litoral oeste, seguirán rondando as brétemas costeiras. ? Ascenso térmico en toda Galicia, un chisco máis de calor en… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 31 de Agosto

A Xanela Diaria: Luns 30 de Agosto

? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos brétemas costeiras rondando o litoral oeste Galego, con tendencia a ir sendo menos espesas a partir do mediodía pero volverán a partir da tardiña. No resto, sol na Mariña e nubes e claros no interior pola tarde. ? Ascenso térmico no prelitoral oeste de Coruña e Pontevedra,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 30 de Agosto

Prognóstico para a fin de semana do 7-8 de Agosto

? SÁBADO: Nubes e chuvascos, máis probables e frecuentes na primeira metade do día, tendendo a remitir en toda #Galicia pola tarde, ao interior apenas chegarán chuvias durante a xornada, pero si que o farán na madrugada. Temperaturas sen grandes cambios ou en lixeiro descenso. ? DOMINGO: Nubes altas que non impedirán o paso do… Seguir lendo Prognóstico para a fin de semana do 7-8 de Agosto

A Xanela Diaria: Martes 3 de Agosto

? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada que comezará con sol pero que se irá anubrando e ademais con chegada de chuvias febles dende o norte que a partir da tarde tamén chegarán ao sur. ? As temperaturas máximas baixarán no oeste mentras que no interior e norte mesmo subirán un chisco,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 3 de Agosto

Fin de semana: 31 de Xullo-1 de Agosto

? PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA ? SÁBADO: Vento do oeste/noroeste, nubes e claros e mesmo tamén algún chuvasco no norte e oeste, máis probables pola mañá. Seguen baixando as temperaturas, ambiente frío para a época do ano, tanto nas temperaturas máximas como nas temperaturas nocturnas. ? DOMINGO: Vento do oeste frouxo, aporte húmido… Seguir lendo Fin de semana: 31 de Xullo-1 de Agosto