A Xanela Diaria: Luns 21 de Xuño

? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada marcada polos chuvascos intermitentes e o vento do noroeste. Estaremos influenciados aínda pola borrasca que nos afectou hoxe, polo que o ambiente continuará inestable. ? Aínda así, as temperaturas van ir recuperando paseniñamente e xa haberá lugares do sur e oeste de #Galicia que superen… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 21 de Xuño

A Xanela Diaria: Martes 15 de Xuño

? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos un calco ao de hoxe. De novo, nubes baixas no litoral norte, especialmente na Mariña. Pola tarde medrarán nubes de evolución no interior sur que darán lugar a chaparróns e, nas Rías Baixas, rondarán as brétemas, pero non deberían meterse. ? As temperaturas seguen subindo e superarán… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 15 de Xuño

A Xanela Diaria: Luns 14 de Xuño

? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada marcada polas treboadas que afectarán ao interior pola tarde. No extremo norte, como ven sendo habitual, volverán aparecer nubes baixas en zonas típicas. E no sur das Rías Baixas, mesmo tamén poden facer acto de presenza as brétmeas costeiras, xa que o nordés calmará, pero… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 14 de Xuño

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 12 E 13 DE XUÑO

SÁBADO: Quedamos baixo a influencia dunha bolsa de aire frío en altura que, xunto coa calor acumulada, favorecerá a formación de nubes de treboada. Pola tarde daranse chaparróns treboentos no interior que seguramente cheguen tamén ao litoral sur das Rías Baixas.Pero é moi complicado pronosticar onde vai caer exactamente un chaparrón. Ascenso térmico moi marcado… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 12 E 13 DE XUÑO

A Xanela Diaria: Venres 11 de Xuño

? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos nubes baixas no litoral norte, sol no resto pero con nubes de evolución no interior sur pola tarde, con algunha treboada na montaña e sur de OU. ? Ascenso térmico importante no Baixo Miño. Sen cambios no resto de Galicia. Segue a calor no sur e o… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 11 de Xuño

A Xanela Diaria: Xoves 10 de Xuño

? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e, de novo, xornada de moito sol, con algunha nube no litoral norte de tipo baixo, pero menos ca estes días pasados. Pola tarde, aparecerán nubes de evolución no interior. ? As temperaturas seguen a subir e xa superarán os 34ºC de máxima no val do Miño de #Ourense.… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 10 de Xuño

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 5-6 de Xuño

? PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA (vaivos gustar) ☀ SÁBADO: Moito sol en toda #Galicia. A única excepción será a entrada dalgunhas nubes baixas a partir da última hora da tarde pola Mariña e tamén por Bergantiños, froito do aporte húmido que fai o nordés nesas zonas. Pero o 95% do día será despexado.… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 5-6 de Xuño

A Xanela Diaria: Xoves 3 de Xuño

Boa noite! Botamos unha ollada á #XanelaDiaria do Xoves e vemos unha xornada na que teremos moitas nubes aínda no norte e centro de #Galicia onde hai risco dalgún chuvasco moi feble. Os ceos estarán máis abertos canto máis preto das Rías Baixas nos atopemos. ?? Ademais, teremos dúas partes ben diferenciadas no que a… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 3 de Xuño

A Xanela Diaria: Martes 1 de Xuño

? Boa noite! Abrimos de par en par a #XanelaDiaria e miramos directamente cara o primeiro día do mes de Xuño, cando se da por comezado o Verán meteorolóxico. Desta volta, teremos que falar dun Martes con máis nubes no ceo, especialmente no litoral, con brétemas rondando. Pola tarde, medrarán nubes de evolución no leste… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 1 de Xuño