A Xanela Diaria: Domingo 2 de Maio

? O aire frío en altura vaise ir afastando pero non de todo. Nubes e claros con ceos máis abertos nas Rías Baixas. Pola tarde, aumentarán as nubes no interior de Lugo e Ourense, onde hai risco dalgún chuvasco, pero moi puntual. ? As temperaturas máximas vanse ir recuperando tras unha madrugada moi fría, con… Seguir lendo A Xanela Diaria: Domingo 2 de Maio

A Xanela Diaria: Sábado 1 de Maio

? Comezamos mes e seguimos con ambiente revolto. A probabilidade de chuvascos seguirá sendo elevada no norte e interior Galego, pero non serán gran cousa, bastante dispersos e que, de caer, acumularán pouca cantidade de auga. ? O que si temos que falar é de frío e de temperaturas baixas para a época, e, ademais,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 1 de Maio

A Xanela Diaria: Venres 30 de Abril

? Por diante un Venres que será practicamente un calco do Xoves. Nubes e claros con posibilidade dalgún chuvasco, máis frecuentes e probables na metade norte de Coruña e Lugo, pero que co paso das horas se adentrarán tamén cara as comarcas do centro de Galicia. En todo caso, pouca cousa. ? As temperaturas manteranse… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 30 de Abril

A Xanela Diaria: Xoves 29 de Abril

? Xoves de nubes e claros, con risco dalgún chuvasco en calquer punto, en todo caso, non serán gran cousa e serán febles e dispersos. ? Seguen baixando as temperaturas, estamos nunha semana bastante máis fría, alí onde o vento norte sopre con refachos moderados, mesmo teremos sensación de frío Tede bo día! 🙂

A Xanela Diaria: Mércores 28 de Abril

? Mércores no que as nubes e os claros van ser os protagonistas da xornada. Nas Rías Baixas, o vento do norte vai limpar de nubes o ceo, polo que nesa zona haberá moito sol. No extremo sueste de Ourense, na fronteira con Portugal e con Castela e Leon, medrarán chaparróns pola tarde que descargarán… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 28 de Abril

A Xanela Diaria: Luns 26 de Abril

? Luns de nubes pero sen tanta inestabilidade coma na fin de semana. Aínda así, pola tarde volverán medrar nubes de evolución que descargarán chaparróns, pero desta volta máis restrinxidos cara o interior, non afectarán ao litoral. Como moito, poderían achegarse á Mariña Lucense. ? Chega unha masa de aire máis fresco e iso provocará… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 26 de Abril

A Xanela Diaria: Sábado 24 de Abril

? Sábado marcado pola inestabilidade atmosférica. Medrarán nubes de evolución que descargarán chaparróns, probables en calquer punto pero existe máis risco na provincia de A Coruña e nas Rías Baixas. Poden vir acompañadas de saraibadas. ⚠ AEMET ten activo un aviso AMARELO dende as 14:00 do Sábado en toda A Coruña por treboadas e chaparróns… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 24 de Abril

A Xanela Diaria: Venres 23 de Abril

? Comezamos a notar os efectos da borrasca que se achega polo Atántico. As nubes van ir a máis conforme vaian pasando as horas e chegarán chuvascos, que serán máis intensos e probables a últimas horas no sur e oeste Galego cando, non se desbota que veñan acompañados dalgunhas treboadas. ? Debido ao vento do… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 23 de Abril