A Xanela Diaria: Martes 11 de Maio

? Por diante un Martes, de novo, marcado pola inestabilidade atmosférica. Pola mañá sucederanse os chuvascos e a partir da tarde, unha fronte asociada a unha pequena borrasca que pasará moi preto de #Galicia, irá entrando dende as Rías Baixas, descargando precipitacións máis persistentes. Ollo ao vento porque a partir da tarde tamén aumentará a… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 11 de Maio

A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio

? Comezaremos semana cun Luns de chuvascos intermitentes, por veces intensos e máis frecuentes na marxe Atlántica. Poderán vir con saraiba e tamén con algunha treboada puntual. O vento soprará moderado de compoñente oeste. ? As temperaturas seguen baixando, os valores serán baixos para a época do ano e teremos que falar de sensación de… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio

A Xanela Diaria: Domingo 9 de Maio

? Domingo de chaparróns intermitentes, serán máis frecuentes e intensos na marxe Atlántica. Non choverá seguido, pero por veces caerá con forza, con saraiba e con algunha treboada. Vento moderado do suroeste, con refachos fortes. ?DESCENSO TÉRMICO moi marcado, moita diferenza respecto aos valores do Sábado, ambiente frío. Tede un bo final de semana! 🙂

A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio

? Por diante un Venres de ceo moi aberto no norte e interior Galego, mentras que na marxe Atlántica pola mañá, mesmo teremos algunhas chuvias febles, moi pouca cousa. Co avance do día, as nubes iranse retirando e quedarán moi pegadas á costa, xa sen chuvias. ? As temperaturas van ir subindo pouco a pouco,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio

A Xanela Diaria: Xoves 6 de Maio

? Xoves con moitas nubes e chuvias febles intermitentes, principalmente na metade oeste e centro de Galicia. Co paso das horas, a partir de media mañá, o ceo irá abrindo dende o norte e o interior, cando xa non se agardan precipitacións en ningún punto. ? As temperaturas subirán na metade norte debido ao vento… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 6 de Maio

A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio

? Martes no que comeza a cambiar o conto. Os ventos do oeste van collendo protagonismo, polo tanto, a humidade será maior. O ceo alternarase con nubes e claros, nubes que irán a máis a partir de media tarde dende o norte Galego onde xa teremos algunha chuvia feble. ? As temperaturas seguen sen grandes… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio

A Xanela Diaria: Luns 3 de Maio

? Abrimos semana con influencia plenamente anticiclónica. Moito sol en xeral, con algunha nube que medrará pola tarde no interior de Lugo e Ourense, pero que non deixará precipitacións. O vento soprará moderado do nordés no litoral norte, mentras que nas Rías Baixas será do noroeste, frouxo en xeral, aumentando coma sempre a súa intensidade… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 3 de Maio

A Xanela Diaria: Mércores 28 de Abril

? Mércores no que as nubes e os claros van ser os protagonistas da xornada. Nas Rías Baixas, o vento do norte vai limpar de nubes o ceo, polo que nesa zona haberá moito sol. No extremo sueste de Ourense, na fronteira con Portugal e con Castela e Leon, medrarán chaparróns pola tarde que descargarán… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 28 de Abril

A Xanela Diaria: Luns 26 de Abril

? Luns de nubes pero sen tanta inestabilidade coma na fin de semana. Aínda así, pola tarde volverán medrar nubes de evolución que descargarán chaparróns, pero desta volta máis restrinxidos cara o interior, non afectarán ao litoral. Como moito, poderían achegarse á Mariña Lucense. ? Chega unha masa de aire máis fresco e iso provocará… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 26 de Abril