A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio

? Martes no que comeza a cambiar o conto. Os ventos do oeste van collendo protagonismo, polo tanto, a humidade será maior. O ceo alternarase con nubes e claros, nubes que irán a máis a partir de media tarde dende o norte Galego onde xa teremos algunha chuvia feble. ? As temperaturas seguen sen grandes… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio

A Xanela Diaria: Mércores 28 de Abril

? Mércores no que as nubes e os claros van ser os protagonistas da xornada. Nas Rías Baixas, o vento do norte vai limpar de nubes o ceo, polo que nesa zona haberá moito sol. No extremo sueste de Ourense, na fronteira con Portugal e con Castela e Leon, medrarán chaparróns pola tarde que descargarán… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 28 de Abril

A Xanela Diaria: Sábado 24 de Abril

? Sábado marcado pola inestabilidade atmosférica. Medrarán nubes de evolución que descargarán chaparróns, probables en calquer punto pero existe máis risco na provincia de A Coruña e nas Rías Baixas. Poden vir acompañadas de saraibadas. ⚠ AEMET ten activo un aviso AMARELO dende as 14:00 do Sábado en toda A Coruña por treboadas e chaparróns… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 24 de Abril

A Xanela Diaria: Venres 23 de Abril

? Comezamos a notar os efectos da borrasca que se achega polo Atántico. As nubes van ir a máis conforme vaian pasando as horas e chegarán chuvascos, que serán máis intensos e probables a últimas horas no sur e oeste Galego cando, non se desbota que veñan acompañados dalgunhas treboadas. ? Debido ao vento do… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 23 de Abril

A Xanela Diaria: Mércores 21 de Abril

? Mércores marcado pola inestabilidade atmosférica. Tras unha mañá tranquila, pola tarde medrarán nubes de evolución que descargarán chuvascos no interior e, mentras, dende as Rías Baixas, irá entrando unha fronte que descargará precipitacións máis persistentes e localmente moderadas. ? As temperaturas seguen baixando, polo que hai que agardar unha xornada máis fresca e húmida.… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 21 de Abril

A Xanela Diaria: Martes 20 de Abril

? Por diante un Martes de chuvascos intermitentes, probables en calquer punto, pero que serán máis intensos pola tarde en zonas do interior, onde localmente serán fortes. Non se descarta que veñan acompañados dalgunha treboada puntual. ? Seguen baixando as temperaturas. Valores cada vez máis frescos, ímonos esquecendo das temperaturas tan cálidas que tivemos en… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 20 de Abril

A Xanela Diaria: Luns 19 de Abril

? Comezamos semana con vento do suroeste, moi frouxo, que aportará humidade Atlántica. Isto traducirase en maior presenza de nubes, con posibilidade de chuvascos, que poden caer en calquer punto de Galicia, aínda que son máis probables no interior e na segunda metade do día. Aínda así, non se agarda moita cantidade de precipitación, serán… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 19 de Abril

A Xanela Diaria: Sábado 17 de Abril

☀ Volvemos repetir unha xornada de moito sol en toda Galicia. Tan só teremos que agardar a chegada dalgunha nube de tipo alto, sen maior función ca simple decorativa. Segue zoando forte o nordés na costa norte. ? As temperaturas máximas baixarán un chisco en Ourense e Pontevedra, nada, moi pouco, case case nin se… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 17 de Abril

A Xanela Diaria: Venres 16 de Abril

? Un Venres plenamente anticiclónico, no que a circulación do nordés, unha xornada máis, vai ser a protagonista. Vento que zoará con intensidade na costa da Morte especialmente pero que, desta volta, non acumulará nubes na Mariña. Polo tanto, moito sol pero con entrada dalgunha nube de tipo alto sen maior importancia. ? Baixan as… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 16 de Abril